Proxecto de fin de semana: Ruminations

Un dos mecanismos de transformación do movemento más utilizado nos proxectos de mecanismos de 2º de ESO é a leva, que é o que se utiliza para provocar o movemento desta vaca de cartolina:

ruminations-1_thl.gif

Podes descargar aquí as plantillas para montalo. (Debes utilizar cartolina)

E dálle o teu toque persoal: podes substituír a manivela por unha polea de cartón e acoplarlle un motor, e tamén engadirlle algún efecto luminoso, por exemplo, conectando uns LEDs nos ollos, pero antes de facer as conexións debes deseñar o circuíto eléctrico. Ollo cos curtocircuítos!


Electricidade con bostas de vaca

En Galiza habitan máis vacas que persoas, unha cantidade suficientemente grande como para que nas granxas se poidan xerar anualmente toneladas e toneladas de excrementos. Sabías que eses excrementos pódense aproveitar para xerar electricidade e para producir fertilizante?

Isto pódese facer cunha planta de biogás, que utiliza o metano producido na fermentación dos excrementos nun biodixestor para alimentar un xerador diésel, que é o encargado de producir electricidade.
Os líquidos resultantes do proceso convértense en fertilizantes.

Biodigestor.JPG

Un biodixestor é un contenedor hermeticamente pechado no que se deposita o material orgánico que se fai fermentar con certa cantidade de auga, producindo unha mestura de gases con alta concentración de metano, tamén chamado biogás.

biodigestor2.jpg

O biogás producido serve de combustible para a xeración de electricidade a partir dun xerador diésel, ou pódese aproveitar tamén para os sistemas de calefacción.

Aquí hai unha infografía do funcionamento:
How does a biogas plant work?