Concurso de guindastres construídos con paus de xeado

Vía Microsiervos entérome do Concurso nacional de guindastres construídos con paus de xeado. Está organizado pola Delegación de Estudantes da Universidade Carlos III de Madrid e consiste en construír o guindastre que soporte o maior peso posible.

concurso-gruas-helado.jpg

O concurso divídese en dúas categorías:
1. Resistencia: O prototipo será sometido a cargas crecentes ata o seu colapso, valorándose a súa resistencia.
2. Funcionalidade e estética: Valorarase a funcionalidade do guindastre, que pode levar accionamentos eléctricos ou non, e o grao de acabado e estética do mesmo.

A fase final do concurso será o vindeiro 24 de abril e en total hai 20.000 euros en premios, anque hai que pagar 40 € por inscribirse :-(

Podes consultar tódolos detalles do concurso en: www.concursogruas.es

Ata hai un par de cursos o alumnado de 1º de ESO era experto no deseño e construción de estruturas de papel que soportan cargas crecentes sen deformarse, pero coa redución horaria para a área de tecnoloxía que veu coa LOE deixamos de realizar estes proxectos por falta de tempo. Unha pena.


Deixa un comentario