Vender homeopatía nunha farmacia é como vender alí auga bendita. Quen queira crer nos milagres e nos santos é moi libre de facelo, pero que sexa o propio Ministerio de Sanidade quen abra as portas as pseudociencias deixando que os produtos homeopáticos se vendan como se fosen medicamentos eficaces paréceme aberrante.
Aínda que saia da temática deste blogue, apoio a iniciativa #NoSinEvidencia coa publicación do seu manifesto:
A evidencia científica é unha das pedras angulares nas que se asenta a medicina moderna. Isto non sempre foi así: durante anos empregáronse tratamentos médicos sen comprobar previamente a súa eficacia e seguridade. Algúns foron efectivos, aínda que moitos tiveron resultados desastrosos.
Non obstante, na época da historia da humanidade na que máis coñecementos científicos se acumulan, existen aínda pseudo-ciencias que pretenden pasar por disciplinas próximas á medicina e chegar aos pacientes sen demostrar ningunha efectividade nin seguridade.
Os asinantes deste manifesto, profesionais sanitarios e doutras ramas da ciencia, xornalistas e outros, somos conscientes de que a nosa responsabilidade, tanto legal coma ética, consiste en achegar o mellor tratamento posible aos pacientes e velar pola súa saúde. Por iso, a aparición nos medios de comunicación de noticias sobre a apertura dun proceso de regulación e aprobación de medicamentos homeopáticos preocúpanos como sanitarios, científicos e cidadáns, e cremos que debemos actuar ao respecto. As declaracións da directora da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) asegurando que “non todos os medicamentos homeopáticos teñen que demostrar a súa eficacia” e que “a seguridade non se ten que demostrar con ensaios clínicos específicos” non fan senón aumentar a nosa preocupación.
Polo tanto, solicitamos:
Que non se aprobe ningún tratamento que non demostrase, mediante ensaios clínicos reproducibles, unhas condicións de eficacia e seguridade polo menos superiores ao placebo. A regulación duns supostos medicamentos homeopáticos sen indicación terapéutica é unha grave contradición en si mesma e debe ser rexeitada. Se non está indicado para nada, para que hai que empregalo?.
Que a AEMPS retire da comercialización aqueles fármacos, de calquera tipo, que malia ser aprobados, non demostrasen unha eficacia maior que o placebo ou que presenten uns efectos adversos desproporcionados.
Que o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e o resto de autoridades sanitarias persigan aquelas empresas que atribúen aos seus produtos calidades curativas ou beneficiosas para a saúde sen demostralo cientificamente.
Que o Consello Xeral de Colexios de Médicos de España / Organización Médica Colexial, en cumprimento do artigo 26 do Código de Deontoloxía Médica, desaprobe aos facultativos que prescriban tratamentos sen evidencia científica demostrada.
Pensaba que esta convocatoria sería para un día concreto en novembro coma nos anos anteriores, pero parece ser que o III Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego celébrase este ano desde o 16 de outubro ata o 5 de novembro. Este evento está organizado polas asociacións IGACIENCIA, AGAPEMA, ENCIGA e APETEGA, e ten coma principal obxectivo defender a idoneidade do uso do galego nas áreas de ciencias e de tecnoloxía.
Desde a organización propóñense varias actividades, entre elas:
Tecnopoly
Ideado por profesorado de APETEGA, consiste nun xogo similar ao Monopoly, pero as rúas substitúense por inventos das diferentes épocas da historia da humanidade: parafuso de Arquímedes, arcos, imprenta, máquina de vapor, transistor, robots, … onde os xogadores comprarían as patentes ou dereitos de explotación. As casiñas de sorte e similares substitúense por preguntas tipo trivial que dan cartos ou posibilidade de volver tirar.
Tanto o taboleiro como os cartos e títulos de propiedade están dispoñibles para a súa descarga nun formato imprimible:
Podemos construír no taller unha ponte deseñada por Leonardo Da Vinci que non necesita cravos nin cordas para unir as madeiras. Neste documento tedes as instrucións. Veredes que fácil!
No IES A Sangriña de A Guarda vai construíla o alumnado de 2º de ESO. O profesor, Antonio Lomba, busca financiación para poder construír unha ponte de grandes dimensións (2 ou 3 m de largo), así que se alguén se anima a axudar, que se poña en contacto con el.
Outro traballo interesante é a construción dunha cúpula baseada nun patrón iniciado por Leonardo Da Vinci. Neste documento tedes as instrucións.
Vídeoconferencia do CERN
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística propón de novo unha interesante actividade. Reunirán nunha videoconferencia a varios investigadores e investigadoras que participan nos experimentos do LHC e que nos contarán a súa experiencia científica e lingüística e as vantaxes que lles supuxo saber falar galego.
Será o martes 6 de novembro entre as 12:30h e as 13:30h e está destinado ao alumnado do segundo ciclo de ESO e Bacharelato. Tedes aquí máis información.
Como material complementario para os máis cativos temos “Alicia e a sopa de quarks e gluóns“, banda deseñada creada dende o CERN na que se explica dun xeito didáctico cales son as partículas elementais e como se experimenta con elas no proxecto ALICE. Descargar pdf.
Revoltallo de termos
Foi unha actividade promovida por este blogue para o evento de hai dous anos, pero segue aberta a todas aquelas persoas que queiran utilizala. Consistiu en enviar a través dun formulario un termo en galego do mundo da tecnoloxía, e logo realizar cos termos recollidos unha serie de actividades: encher as paredes con eles, participar na galipedia, etc.
Non é estritamente necesario que estas actividades se fagan estes días, agás o da conferencia, claro. A ciencia e a tecnoloxía poden ser en galego todos os días do ano!
Hai tempo que tiña pensado escribir algo sobre o mal enfocadas que están as campañas de fomento dos estudios de ciencia (e de tecnoloxía?) entre as mulleres, e fun deixándoo pasar, pero como hoxe mesmo a cousa chegou ao colmo non vou demorar máis tempo as miñas críticas, que agardo que sirvan para reflexionar sobre o que estamos a facer.
O disparate máis grande nunca visto en campañas de fomento da ciencia entre as mulleres vén nada menos que da Comisión Europea, que nos presenta “Science: It’s a girl thing” cun patético e ridículo vídeo no que os estereotipos sexistas se mostran de principio a fin, e que xa provocou duras críticas en twitter e na blogosfera, baixo os hashtags #CientificasConTacones e #realwomenofscience.
Non volo perdades: Tacóns, pintabeizos, camiñar de pasarela, poses sedutoras, vestidos de cor rosa, … todo o que unha muller necesita para dedicarse á ciencia!!
A min isto dáme verdadeira vergoña allea. Como é posible que hoxe en día teñamos que aturar estas cousas?
Nunca vin unha campaña que chegase a estes límites de sexismo e estupidez en tan pouco espazo e tempo, pero a verdade é que para min fallan estrepitosamente todas estas campañas existentes de fomento dos estudios científicos entre as mulleres, polo menos as que teño visto.
A que acaba de presentar a Comisión Europea merece un capítulo aparte, e quero referirme agora a outras campañas que adoitamos ver expostas nos institutos de Educación Secundaria. Vou destacar os que son, ao meu parecer, os erros máis comúns que atopamos nestas campañas e exposicións.
Fomentar entre as mulleres os estudos de ciencias? E os de tecnoloxía?
O primeiro erro é centrarse no fomento dos estudios científicos entre as mulleres e non mencionar a tecnoloxía.
Se botamos unha simple ollada á matrícula nas diferentes carreiras universitarias vemos que que as carreiras de ciencias (bioloxía, química, medicina, farmacia, física, matemáticas, etc.) están cheas de mulleres, e en moitos casos superan con creces o número de varóns.
O problema aparece cando observamos a matrícula nos estudos de enxeñarías, e é aquí onde as mulleres non chegan ao 20%, incluso nalgunhas especialidades non superan o 5%.
Pode ser que hai décadas fose necesario atraer mulleres cara ás ciencias por seren minoría, pero hoxe en día iso está máis que superado, e no que habería que incidir realmente é nos estudos técnicos, que é o ámbito onde a muller aínda está máis desprazada. Porén, as campañas que teño visto ata agora céntranse na ciencia e a tecnoloxía nin se menciona ou queda oculta case imperceptible entre outras mensaxes.
Ademais, a insistencia en fomentar os estudios de ciencia entre as mulleres utilizando mensaxes que están máis ca superadas provoca máis estrañeza que interese entre as rapazas, e incluso diría que desaniman ao mostrarse unha situación que non é real, polo menos no que se refire á motivación, interese ou matriculación nos estudos.
Mulleres especiais na historia, modelos a seguir?
Outra das miñas críticas a estas campañas é a de presentar en exclusiva modelos de mulleres históricas que fixeron a súa contribución á ciencia facendo un traballo excepcional fóra da normalidade na sociedade na que vivían. Todas estas científicas históricas deben ter o seu sitio nos libros de ciencia e de historia, por suposto, pero non son o máis axeitado para unha campaña para espertar vocacións.
Con todos os meus respectos cara a estas mulleres, defendo que non son o modelo a seguir polas rapazas novas de hoxe en día nin representan a forma de traballar na actualidade e que, ao contrario do que se pretende, provocan máis rexeitamento entre as mozas que intención de seguir os seus pasos.
Desde logo que as mulleres do vídeo da campaña “Science: It’s a girl thing” non son un modelo a seguir, pero tampouco pode selo unha muller pechada dentro dun laboratorio escuro, tapada ata o pescozo, que nin sae, nin se divirte, nin se relaciona cos demais. Iso non funciona!
Se queremos motivar ás rapazas débese mostrar a actualidade, a realidade que se van atopar no seu futuro máis próximo, e non centrarse no pasado, por moi interesante que nos pareza.
Individualismo? E o traballo en equipo?
Hai unha excesiva tendencia a mostrar “figuras” en ciencia e tecnoloxía nas actividades para estudantes ou nas accións divulgativas, dando a idea de que a actividade científica e a tecnolóxica se desenvolven de xeito individual por persoas que destacan, “xenios” que se saen do normal, cando o que hai que difundir entre a xente máis nova é que a ciencia e a tecnoloxía son accesibles a calquera persoa que estea interesada nestes campos e que estude e traballe para dedicarse a eles, sen necesidade de ser xenios.
Ademais, hoxe en día en calquera actividade de ciencia ou de tecnoloxía é fundamental o traballo en equipo e estar conectados en rede. Ninguén nestes tempos desenvolve un medicamento ou deseña un dispositivo electrónico de consumo de forma individual, en solitario. A actividade científica e tecnolóxica realízase por equipos de persoas formados por homes e mulleres, e non por individuos illados, que é o que se dá a entender en moitas exposicións e campañas.
Como mostrar a ciencia e a tecnoloxía para atraer ás mulleres?
Ten mellor resultado mostrar a ciencia e a tecnoloxía como actividades na que participan as mulleres en igualdade e na miña opinión:
Non debe faltar:
Mostrar e fomentar a tecnoloxía, a gran esquecida.
Mostrar e dar a coñecer a actualidade, e non centrarse na historia.
Mostrar actividades nas que homes e mulleres traballan xuntos, sen importar o sexo.
Mostrar o traballo das mulleres como algo normal, con naturalidade, e non como algo especial.
Mostrar a necesidade de traballar en equipo e de conectarse en rede para compartir.
Intelixencia.
…
Sobra:
Sexismo e machismo. Xa está ben!
Estereotipos. Nin a ciencia nin a tecnoloxía poden basearse en estereotipos. Non lles son propios.
Frikismo. Isto espanta a maioría das mulleres e non aporta nada positivo.
Mensaxes tipo anuncio de Ausonia. As rapazas non son estúpidas!
Individualismo. As figuras no son nada sen equipos que as acompañen.
Soberbia.
…
Non sei se estas reflexións servirán para algo, pero polo menos xa me desafoguei :-P
Se es estudante de 4º de ESO ou de 1º de Bacharelato na modalidade de Ciencias e Tecnoloxía e o curso pasado tiveches unha nota media igual ou superior a 7,50 tes a oportunidade de participar durante 7 días do verán nun proxecto de achegamento científico e tecnolóxico nas áreas de bioloxía, biomedicina, física, química, matemáticas, medio ambiente, robótica ou enxeñaría, complementado con actividades de lecer e deportivas.
Os participantes seleccionados deberán abonar 90€ en concepto de matrícula e custear o desprazamento ata o campus asignado. A organización correrá cos custos de manutención, aloxamento en residencias e colexios maiores universitarios, traslados, material necesario para os proxectos, etc.
Tes ata o 16 de maio de 2012 para presentar a solicitude. Hai 1800 prazas e unha delas pode ser a túa.
Desde o mes de decembro de 2011 estou a colaborar no portal educacontic.es escribindo un artigo semanal (a partir de agora quincenal) cuxa finalidade é dar a coñecer recursos útiles para o ensino da ciencia e da tecnoloxía.
Cada certo tempo irei traendo a tecnoloxia.org aqueles que máis teñan que ver co ensino da tecnoloxía.
Aquí tedes a primeira quenda:
As escalas do Universo:
Unha viaxe desde o máis pequeno ata o máis grande, con recursos que nos facilitan a comprensión das escalas, e dos múltiplos e submúltiplos de 10.
Fabricación dun automóbil:
Témolo tratado outras veces neste blogue, especialmente a visita a Citroën, pois é a que temos máis preto, pero nesta ligazón podemos facer visitas virtuais a outras fábricas.
OpenStreetMap: A alternativa libre a GoogleMaps:
OpenStreeMaps nos permite desenvolver de xeito colaborativo mapas e datos xeográficos, descargalos no noso ordenador, ou utilizalos no noso GPS.
Calibre e micrómetro. Simuladores:
Neste artigo explicamos como se utilizan o calibre e o micrómetro e aprendemos a manexalos utilizando unha serie de recursos en flash.
Como podo escribir caracteres especiais en Internet?:
Se queredes escribir algún carácter concreto na rede, coma un símbolo matemático ou un superíndice, e non sabedes o seu equivalente en HTML, neste artigo tes varias ligazóns que te poden axudar.
Escribín tamén outros artigos con recursos útiles para o ensino das diferentes disciplinas científicas:
Outros colaboradores e colaboradoras de educacontic participan con interesantes artigos sobre temas do máis variado. Non vos perdades as viñetas de Néstor Alonso, os recursos para Educación Plástica de Lucía Álvarez, ou a recente incorporación de Lluis Tomas sobre coñecemento aberto e software libre.
Agardo que vos resulte de interese!
Usamos cookies para o correcto funcionamento do sitio web. Ao facer clic en Aceptar, aceptas o uso das cookies necesarias. Podes xestionar as cookies que queres activar.
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navega polo sitio web. Delas, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no teu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén utilizamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usas este sitio web. Estas cookies almacenaranse no teu navegador só co teu consentimento e tes a opción de desactivalas.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. These cookies ensure basic functionalities and security features of the website, anonymously.
Cookie
Duración
Descrición
ak_bmsc
2 hours
This cookie is used by Akamai to optimize site security by distinguishing between humans and bots
cf_ob_info
past
The cf_ob_info cookie is set by Cloudflare to provide information on HTTP Status Code returned by the origin web server, the Ray ID of the original failed request and the data center serving the traffic.
cf_use_ob
past
Cloudflare sets this cookie to improve page load times and to disallow any security restrictions based on the visitor's IP address.
cookielawinfo-checkbox-advertisement
1 year
Set by the GDPR Cookie Consent plugin, this cookie is used to record the user consent for the cookies in the "Advertisement" category .
cookielawinfo-checkbox-analytics
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics".
cookielawinfo-checkbox-functional
11 months
The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional".
cookielawinfo-checkbox-necessary
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary".
cookielawinfo-checkbox-others
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other.
cookielawinfo-checkbox-performance
11 months
This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance".
CookieLawInfoConsent
1 year
Records the default button state of the corresponding category & the status of CCPA. It works only in coordination with the primary cookie.
cookiesession1
1 year
This cookie is set by the Fortinet firewall. This cookie is used for protecting the website from abuse.
JSESSIONID
session
The JSESSIONID cookie is used by New Relic to store a session identifier so that New Relic can monitor session counts for an application.
viewed_cookie_policy
11 months
The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data.
Functional cookies help to perform certain functionalities like sharing the content of the website on social media platforms, collect feedbacks, and other third-party features.
Cookie
Duración
Descrición
language
session
This cookie is used to store the language preference of the user.
Performance cookies are used to understand and analyze the key performance indexes of the website which helps in delivering a better user experience for the visitors.
Analytical cookies are used to understand how visitors interact with the website. These cookies help provide information on metrics the number of visitors, bounce rate, traffic source, etc.
Cookie
Duración
Descrición
browser_id
5 years
This cookie is used for identifying the visitor browser on re-visit to the website.
CONSENT
2 years
YouTube sets this cookie via embedded youtube-videos and registers anonymous statistical data.
sid
session
The sid cookie contains digitally signed and encrypted records of a user’s Google account ID and most recent sign-in time.
Advertisement cookies are used to provide visitors with relevant ads and marketing campaigns. These cookies track visitors across websites and collect information to provide customized ads.
Cookie
Duración
Descrición
NID
6 months
NID cookie, set by Google, is used for advertising purposes; to limit the number of times the user sees an ad, to mute unwanted ads, and to measure the effectiveness of ads.
VISITOR_INFO1_LIVE
5 months 27 days
A cookie set by YouTube to measure bandwidth that determines whether the user gets the new or old player interface.
YSC
session
YSC cookie is set by Youtube and is used to track the views of embedded videos on Youtube pages.
yt-remote-connected-devices
never
YouTube sets this cookie to store the video preferences of the user using embedded YouTube video.
yt-remote-device-id
never
YouTube sets this cookie to store the video preferences of the user using embedded YouTube video.
yt.innertube::nextId
never
This cookie, set by YouTube, registers a unique ID to store data on what videos from YouTube the user has seen.
yt.innertube::requests
never
This cookie, set by YouTube, registers a unique ID to store data on what videos from YouTube the user has seen.