tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

tecnoloxia.org entre os 10 primeiros blogues de educación

bitacorascom.pngNon esperaba este éxito de tecnoloxia.org premios bitacoras.com, pero segundo a II clasificación parcial este blogue está entre os 10 mellores blogues de educación votados polo público.

Quero dar as grazas a todas as persoas que destes o voso voto, e animar a quen aínda non votou para axudar a que tecnoloxia.org non baixe desa posición. Aínda tedes ata o 30 de outubro.

Hai que rexitrarse aquí, e logo votar na categoría de educación.

Polo que vin, Capítulo 0 e tecnoloxia.org son os únicos blogues escritos nunha lingua diferente ao castelán que están entre os primeiros posicionados nas diferentes categorías, e esa lingua é o galego. Dende logo que é un bo apoio á presenza da lingua galega en Internet. Así que un voto tamén para Capítulo 0 na categoría de blogues gastronómicos.


2 Comments

  1. É un dos mellores blogs e un posto ben merecido ;)

  2. Grazas Pharpe :-)
    Anque sei que non é posíbel que gañe por estar en galego, saber que hai tanta xente que o votou cárgame de enerxía.

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.