Hai un tempo publiquei un post sobre Realidade Aumentada, no que se amosaban unhas aplicacións en flash para engadir información virtual ao entorno real. Pois temos novas ferramentas para experimentar:
Con ARsights podemos reproducir modelos 3D de Google Earth. Debes descargar previamente a aplicación, imprimir a plantilla, elixir o modelo e conectar a cámara.
Pero o máis interesante de todo isto é poder deseñar as nosas propias figuras e experimentar a realidade aumentada con elas.
Daquela xa falei de BuildAR, pero paréceme máis interesante AR-media, Trátase dun plugin para Google SketchUp que nos permite integrar na realidade os modelos 3D que debuxamos con dita aplicación.
Aquí tes un vídeo no que podes ver as posibilidades:
En Tecnotic infórmannos doutra aplicación interesante que podemos experimentar. Neste caso podemos ter no noso escritorio animacións de enerxía eólica e enerxía solar.
Temos que ir a ge.ecomagination.com, imprimir a plantilla, conectar a cámara web, e xa temos as nosas animacións.
Ver tódalas anotacións sobre Realidade aumentada
O do plug-in para o Sketch-up é un puntazo… cando teña un rato terei que probalo. ^__^
Hola María. Fenomenal tu blog.
Gracias por los enlaces de realidad aumentada ¡Son la caña!
Gracias a ti, Óscar, por comentar.
Nada, a practicar con AR!