Deformación magnética dunha imaxe de TV

Grazas a Electrónica Pascual entérome da existencia da videoteca do MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusset), na que podemos atopar interesantes vídeos sobre tecnoloxía e ciencia.

Na sección de electrónica atopamos este experimento: Cando un potente imán achégase a unha pantalla de televisión obsérvase como se deforman a imaxe e as cores.

Isto prodúcese porque nos televisores de tubo de raios catódicos (CRT) as imaxes son producidas por raios de electróns que se desvían e aceleran ata os distintos puntos da pantalla, producindo puntos de luz na mesma. Cando achegamos o imán o que facemos é desviar eses feixes de electróns, producindo unha deformación da imaxe.

tv.png

(Imaxe: sección aula do xornal El Mundo)


A biblioteca radiada e o libro televisado

O documentalista belga Paul Otlet foi un dos primeiros visionarios de Internet, pois publicada na súa obra de 1932 “Tratado sobre Documentación. O libro sobre o libro.” unha visión sobre o futuro dos soportes e distribución da información. Este home pronosticou hai máis de oitenta anos unha rede inmediata e universal moi similar ao que hoxe é Internet.

Pódelo ver neste vídeo:
(Fonte: ilustrae)

Como imaxinas ti o manexo da información dentro de 80 anos?