Primeira cámara dixital

1ª cámara dixitalVía Microsiervos atopei información sobre o primeiro prototipo de cámara fotográfica dixital da historia. É o que podes ver na imaxe:

O prototipo é de Steve Sasson, enxeñeiro de Kodak que en 1975 xa tiña lista esta cámara que funcionaba sen partes móbiles, na que utilizou un gravador de datos dixital en casete, un CCD, un convertedor analóxico/dixital sacado dun voltímetro dixital e varias ducias de circuítos impresos.

As imaxes tomadas tiñan 100 liñas de resolución, gardábanse en casetes e visualizábanse nun televisor previa colocación do casete nun reprodutor especialmente deseñado para esta cámara.

Dende logo que non era unha cámara como as de agora para levar no peto, pero marcou o inicio da fotografía dixital.


Non o tiro, doucho!

No lo tiro, te lo doyNunha sociedade na que dada vez hai máis tecnoloxía de “usar e tirar” é de agradecer que aparezan iniciativas como “No lo tiro, te lo doy“.

É un sitio web onde a xente ofrece ó público as cousas que xa non quere ou non necesita para que as recolla outra xente á que lle podan ser de utilidade. Tamén calquera pode pedir cousas que necesita, por se hai alguén que as teña e non as quera.

Non se trata de intercambio nin de compra, só é doazón altruísta. Por que vas comerciar con algo que tiñas pensado tirar?