Oitavos en robocampeones!

Este venres oito alumnos e alumnas de Baiona asistiron ó campionato de robótica “robocampeones“, en Madrid.

Dous dos equipos que levamos quedaron empatados coa mesma puntuación na proba de rescate, e quedaron no oitavo posto dun total de 32 equipos participantes. Non está nada mal para ser o primeiro ano que nos metemos nisto, pero podería ter saído mellor se non tiveran tantos problemas coa calibración.

Quero felicitar a estes rapaces e rapazas polo seu traballo, esforzo e dedicación. Así dá gusto.

Tamén quero felicitar á organización e animar ao profesorado a que participe co alumnado neste tipo de eventos, pois paréceme unha experiencia fantástica.

Déixovos a foto dun dos robots que participaron, o primeiro robot galego en “robocampeones”:

robot Lego


Pirámide da aprendizaxe

Ensínovos un gráfico que pode servir para reflexionar sobre a metodoloxía utilizada nas nosas clases, e que representa os índices de retención acadados segundo as actividades que realizamos.

pirámide da aprendizaxe

O sistema de formación académica parece que segue atascado no uso dos métodos menos eficaces. Non nos queixemos, actuemos.


2 alumnos/as por ordenador

Cando leo na prensa iso de que os centros de ensino terán un ordenador por cada dous alumnos/as imaxínome algo así en tódalas aulas:

1 ordenador /2 alumnos-as

Estarei imaxinándome algo diferente ó que contan os políticos? Témome que si.

Bueno, aproveito para darvos a coñecer unha WebQuest de Carlos Morales chamada ¡Cambiemos as nosas aulas!, cuxa tarefa é:

Empezou a conta atrás… As aulas do século XXI estannos esperando! Como logralo? Pois convencendo ás autoridades de que a informatización de tódalas aulas é económica, moral e tecnicamente viable se usamos Software Libre.