Electricidade

tecnoloxia.org

Intensidade

Intensidade de corrente .

A intensidade (I) é a cantidade de carga eléctrica que atravesa a sección dun condutor nun segundo.
Mídese en amperios (A)

moita intensidade

moita intensidade

pouca intensidade

pouca intensidade

Máis voltaxe => máis intensidade

Canta máis voltaxe teña a pila que conectemos a un circuíto máis intensidade circulará, pois os electróns terán máis enerxía para moverse e, polo tanto, circulará máis cantidade de carga nun segundo. Pero ollo, que se nos pasamos coa voltaxe, a intensidade faise tan grande que os receptores que conectemos pódense fundir.

Nos seguintes circuítos verás que canta máis voltaxe teña a pila máis intensidade circula e as lámpadas alumean máis. (Fai clic para pechar os interruptores, e fai dobre clic para abrilos.)
circuito20 circuito21 circuito22 circuito23

Máis resistencia => menos intensidade

Canta máis resistencia teña un circuíto menor será a intensidade que circula por el, xa que aos electróns lles custará máis circular.

Nos seguintes circuítos verás que cantas máis lámpadas conectamos en serie no circuíto máis resistencia hai e, polo tanto, circula menos intensidade. As lámpadas cada vez alumean menos. (Fai clic para pechar os interruptores, e fai dobre clic para abrilos.)
circuito19 circuito17 circuito18

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.