Obxectivo:
Imos crear pezas coa ferramenta de varrido:
Ferramentas:
Imos a crear un sólido mediante a ferramenta de Varrido, <<Sweep>>
- En Faces and sketch regions to, selecciónase o Sketch cerrado que se varrerá a través dun perfil guía. As dimensións do Sketch deben ser tidas en conta á hora de dar curvaturas á guía. Por exemplo, non poderemos varrer un perfil de Ø20mm a través de un radio de 5mm, xeometricamente é imposible.
- En Sweep path, selecciónase o perfil guía polo que se guiará o Sketch cerrado. Este perfil pode ser aberto ou cerrado. Cómpre que este perfil de guiado pase polo outro Sketch.
Práctica:
Preparamos o debuxo 2D
- Crea un novo Sketch, no botón <<Sketch>>. Este será o Sketch 1.
- Selecciona o plano onde imos traballar, neste caso en Front. Fai clic co botón dereito enriba do plano Sketch 1 e selecciona <<View normal to Sketch plane>>.
- Debuxa unha circunferencia de diámetro 20mm que estea centrada na orixe de coordenadas. Este será o Sketch 1 cerrado que se varrerá a través dun perfil guía.
Preparamos o perfil guía
- Crea un novo Sketch, no botón <<Sketch>>. Este será o Sketch 2.
- Selecciona o plano onde imos a traballar, neste caso en Top. Fai clic co botón dereito encima do plano Sketch 2, e selecciona <<View normal to Sketch plane>>.
- Debuxa o perfil guía, utilizando as ferramentas de liña <<Line>> e, despois, para redondear os ángulos vivos do recorrido usa a ferramenta de redondeo, <<Sketch fillet>>. Lembra darlle un radio mínimo de 10mm (a circunferencia do sketch 1, é de ∅20mm).
- Valida o Sketch 2 no símbolo de visto de cor verde
Sacamos volume mediante varrido
Xa temos os dous esbozo para facer o varrido (sendo entre eles perpendiculares, Sketch 1 no plano Front, e o Sketch 2 no plano Top), tamén teñen o punto coincidente, o punto de inicio do perfil guía e o centro da circunferencia. Agora xa só queda darlle volume.
- Para crear o sólido 3D, fai clic na ferramenta varrido, <<Sweep>>:
- En Faces and sketch regions to…, selecciona o Sketch 1, onde está a circunferencia.
- En Sweep path, selecciona o Sketch 2, onde debuxaches o perfil guía.
Aquí está o noso obxecto en 3D!
Exercicio complementario:
Reto:
Serás capaz de crear este clip?