Quebracabezas

Quebracabezas plano

Podemos deseñar os nosos propios quebracabezas.

Debuxa un cadrado de  60 x 60 mm de lado e debuxa no seu interior as pezas que forman o puzle, con aristas múltiplos de 10 mm.

Se var imprimir en 3D, volve debuxar cada peza cun mm ou dous de separación e extrúe cada unha ata unha altura de 10 mm. Se o deseño é para corte láser non fai falta.

Non copies este debuxo, fai o teu propio quebracabezas. Isto non é máis ca un exemplo.

Deberás debuxar e imprimir unha caixa na que entren as pezas. Para que encaixe ben deixa un pequeno marxe entre a parede interior da caixa e a parede exterior do puzle.

Se te fixas no seguinte debuxo, debuxamos cunha liña de construción o cadrado do puzle, de 60 mm de lado. Despois debuxamos o cadrado interior da caixa deixando unha marxe de 0.9 mm por cada lado e, finalmente, debuxamos o cadrado exterior para deixar unha parede de 2 mm de espesura.

Unha vez feito isto extruímos por unha banda a base e por outra a parede exterior.

 

Quebracabezas cúbico

Agora intenta facer o mesmo pero coas pezas ocupando o volume dun cubo de 60 x 60 x 60 mm.

Hai quebracabezas famosos que tamén podes reproducir, pero mellor inventa un novo. Estes podes descargalos en thingiverse:

Soma cube: