Nos proxectos de Tecnoloxía utilizamos diversos compoñentes electrónicos, sensores, actuantes e visualizadores. Podemos necesitar deseñar pezas de soporte para eles e que sexan útiles para os proxectos.
O primeiro que debemos facer é tomar as medidas cun calibre. Para lembrarte de como se medía co calibre podes consultar este simulador. Tamén pode servir de axuda consultar o datasheet.
Deixa un pouco de marxe no soporte (uns 0,4 mm) para que a peza encaixe, pero non te pases, sempre será mellor que quede algo apertada a que quede frouxa.
Exemplos:
Soporte para LCD
Soporte para servo
Soporte para sensor ultrasónico
Deseña os teus propios soportes para os compoñentes que uses nos teus proxectos.