Este parámetro controla a creación de material de aporte no caso de beirís ou zonas nas que a gravidade non permite a correcta deposición do material para realizar unha capa.
Se non se habilita o Soporte, non se fará ningún apoio.
- Tocando a placa de impresión: a máquina so fará apoios que teñan como base a mesa de impresión, nunca se apoiará na peza.
- En todos sitios: a máquina ten liberdade para xerar material de apoio na mesa e na propia peza, estragando un pouco o seu acabado final.
Para a seguinte figura recoméndase habilitar o soporte e permitir en todos sitios.
Tamén podemos seleccionar o patrón de soporte e a súa densidade segundo queiramos un soporte robusto ou fácil de quitar. Un doado que extraer é o patrón en zig-zag e cun 15% de densidade.
Ademais podemos configurar outros parámetros do soporte, como a súa distancia de separación coa peza.
- Distancia z do soporte: debe ser como mínimo a altura de capa que esteamos utilizando, para que quede unha capa sen imprimir entre o soporte e a peza.
- Distancia X/Y do soporte: é a distancia que hai entre o soporte e as paredes X/Y da peza. Aumentando este valor podes evitar que se produza soporte en certas zonas, como buratos pequenos que non o precisarían.
Soporte en árbore
Na sección de parámetros experimentais que incorpora a versión 3.2 de Cura podemos atopar o “soporte en árbore”, que utiliza ramas que medran e se multiplican cara ás áreas que necesitan soporte, producindo menos puntos de contacto co modelo e obtendo, polo tanto, mellores acabados superficiais.
Eliminar partes do soporte
No menú esquerdo podemos seleccionar o bloqueador de soporte, que permite eliminar o soporte nas paredes que seleccionemos.