Personaliza o teu mClon

Se vas construír un mClon non utilices as pezas tal e como están deseñadas. Fai o teu mClon especial.

Cambiar as pezas existentes

Tedes en Onshape os ficheiros das pezas do mClon e tamén podes descargar os ficheiros STL en zip. Podes utilizalos para imprimir directamente, pero propoñemos que modifiques os deseños ao teu xeito. Seguro que melloras as cousas.

Por exemplo, o mClon básico consta dun soporte para o sensor ultrasónico e uns soportes independentes para os leds. O alumnado do IES Primeiro de Marzo fixo os seus propios:

As rodas tamén son moi fáciles de tunear. Colle o modelo orixinal macizo e faille os ocos necesarios para conseguir a forma que desexes.

Engadirlle novas cousas

Non pode haber un robot con rodas sen alerón. Faille un! Este é de Javier, do IES Primeiro de Marzo.

E xa pensando en traballar a electrónica e programar o robot vai deseñando as pezas necesarias para engadirlle novos sensores, actuantes ou visualizadores. O mClon xa ten Matriz de LEDS, servo con brazo, alerón-cronómetro, lanzafichas, sensores de luz, rodas-eiruga,  … Que máis lle podemos poñer?

Necesita unha pantalla LCD ou unha oLED, un sensor de movemento, unhas pinzas para suxeitar pezas, … o que se vos ocorra. Pensa no que queres engadirlle, toma medidas, deseña a peza e monta o teu propio mClon tuneado.

Se queredes compartir os modelos coa comunidade podedes subilos a github, no apartado de contribucións.