Impresión 3D

tecnoloxia.org

Axuda: Relacións xeometría 2D

Descrición

realcion-xeometriaEstas ferramentas permiten dar relacións a xeometría 2D que non poden ser dada a través de cotas, como poden ser as relacións de tanxencia, de coincidencia, de paralelismo…

Son necesarias para ter correctamente definido o noso Sketch.

Antes de dar a relación é necesario ter os elementos seleccionados.

Coincidencia

coincidencia1

Esta primeira relación é de coincidencia, que se poderá dar entre punto e recta, punto e punto, punto e curva, recta e recta…

Hai situacións nas que esta relación non se poderá usar, en casos lóxicos, onde é xeometricamente imposible que sexan coincidentes dúas xeometrías.

Concentricidade

concentricidad

Esta relación permite facer concentricidades, que habitualmente serán entre circunferencias e arcos.

Non se poderá facer concentricidades con figuras que non teñen centro.

Paralelismo

paralelismo

Esta relación é a de paralelismo coa que poderemos facer que varias liñas sexan paralelas entre si.

Tanxencia

tanxencia

Esta ferramenta da relación de tanxencia, xa pode ser entre liña e curva, liña e circunferencia, circunferencia e circunferencia…

En moitos casos é necesario prolongar a liña á que se lle dá tanxencia, pois que sexa tanxente non quere dicir que sexa coincidente.

Horizontal

horizontal

Esta ferramenta fai que unha liña sexa horizontal, é dicir paralela á liña de terra do Sketch.

Vertical

vertical

Esta ferramenta fai que unha liña sexa vertical, é dicir perpendicular á liña de terra do Sketch.

Perpendiculares

perpendicular

Esta ferramenta fai que dúas liñas sexan perpendiculares entre elas.

Mesma lonxitude

lonxitude

Esta relación fai que dúas rectas ou arcos teñan a mesma lonxitude.

Punto medio

punto-medio

Esta relación fai que un punto sexa o punto medio de unha recta ou unha curva.

 

 



     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.