Operacións xeométricas: Rotar, escalar, duplicar

Estas ferramentas permiten realizar operacións sobre a figura a imprimir (escalar) ou mover, rotar e facer simetrías das nosas pezas. Para que se mostre este menú é necesario ter seleccionada unha peza (un clic enriba).

Este paso é recomendable facelo antes de configurar os parámetros de impresión, xa que diferentes posicións e orientacións supoñen diferentes tempos de impresión.

É importante considerar ben a orientación das nosas pezas, xa que o seu acabado e que sexa posible a súa fabricación depende disto.

Mover

Permite situar o obxecto nunha posición determinada da cama.

operaciones-geometricas

Rotar

Permite rotar o modelo en calquera dos 3 eixes. Tamén dá a opción de retornar os cambios que realicemos pulsando “Restablecer” ou apoiar o modelo pola súa banda plana dando ao botón “Aplanar

rotar

Escalar

Con esta función pódese modificar o tamaño do modelo 3D. Ao pulsar esta icona, desprégase un menú onde podemos aplicar un factor de multiplicación á escala do obxecto ou ben indicar as medidas que queremos que teña o mesmo. Este redimensionado pode facerse de xeito proporcional ao obxecto inicial ou de xeito totalmente libre en función de si temos a opción “Escala Uniforme” activada ou desactivada.

Dentro de “Escalar“, tamén podemos atopar a opción de desfacer os cambios aplicados pulsando “Restablecer” ou escalar ao tamaño máximo permitido pola área de impresión pulsando sobre “Escalar al máx” (non é recomendable, é conveniente deixar sempre unha marxe).

escalar

Espello

Esta opción crea unha figura espello da figura inicial. Pódese “espellar” a figura en calquera dos 3 eixes.

espejo

Duplicar

Ao seleccionar unha peza contida na área de impresión e facer clic dereito,  aparecen unha serie de opcións que nos van a permitir cousas como multiplicar o número de obxectos, eliminalos, centralos na superficie de impresión, etc.

duplicar

A opción “Duplicar modelo” é unha opción moi interesante para crear copias idénticas dun
obxecto sen ter que cargalo varias veces.

Axustes por modelo

Cando tempos varios modelos na cama da impresora, podemos seleccionar e axustar parámetros de impresión de cada un deles de forma independente. Por exemplo, podemos habilitar o soporte para un deles e non para os outros.


Deixa un comentario