Amplificador

npn

Unha das aplicacións dos transistores é a de amplificar sinais. Unha pequena corrente na base do transistor tradúcese nunha corrente maior no colector e no emisor.

A amplificación dependerá da ganancia do transistor (β), e cúmprese que Ic =β Ib

Acendendo un LED cos dedos

Para comprender o anterior podemos realizar a seguinte práctica:

As persoas somos condutoras da electricidade, pero o noso corpo ten unha resistencia moi elevada. Se probamos acender un LED utilizando o noso corpo como condutor do circuíto vemos que non somos capaces de que o LED alumee, xa que a intensidade de corrente que atravesa o circuíto é moi pequena.
circuíto2

Porén, se utilizamos un transistor si imos poder detectar a corrente que atravesa o noso corpo. Unha pequenísima intensidade que circula pola base do transistor vaise traducir nunha intensidade maior no colector, que si permite acender o LED:

Fai clic no circuíto para tocar as sondas cos dedos

circuíto 3

Probade collervos da man varios compañeiros e compañeiras. A primeira e a última persoa da cadea deben tocar as sondas.

Con cantas persoas enlazadas somos capaces de activar o circuíto? Podes velo neste vídeo:

Se necesitas unha maior amplificación, proba con un transistor que teña unha maior ganancia. Por exemplo, para acender coas mans un zoador necesitaremos máis intensidade de corrente no colector que no caso do LED. Proba con varios transistores de distinta ganancia que teñas no taller:

circuíto4

Detector de humidade

A auga é como as persoas. Conduce a electricidade, pero non o suficiente, así que si queremos detectar cando dúas sondas están na auga debemos amplificar o sinal. O mesmo circuíto que vimos anteriormente serve como detector de humidade.

No primeiro circuíto acéndese o LED cando hai auga, e no segundo cando non hai (sería un detector de sequidade).

detector de humidade      detector sequedade

 

 


Deixa un comentario