Resistencias variables manualmente
As resistencias variables manualmente son uns dispositivos que constan dun contacto móbil. Empréganse para controlar manualmente a resistencia dunha parte dun circuíto. Algunhas utilidades que poden ter son variar a intensidade de luz dunha lámpada, a velocidade dun motor eléctrico, o volume do son dun amplificador, os mandos do brillo e contraste do televisor, etc.
Resistencias variables:
As resistencias variables son aquelas que podemos manipular mediante un cursor.
Resistencias axustables:
As resistencias axustables son aquelas que pode axustar o fabricante movendo unha rañura. O usuario non debe modificar a posición do cursor.
Formas de conexión: Reóstato e potenciómetro
Dependendo de como se conecten as resistencias variables manualmente, poden actuar como reóstatos ou potenciómetros:
Reóstato:
Conéctase en serie no circuíto, e utilízase para variar a intensidade de corrente que circula.
Resistencia variable: |
Fai clic nas frechas para mover o cursor |
Potenciómetro:
Conéctase en paralelo ao circuíto, comportándose coma un divisor de tensión. Utilízase para variar os niveis de voltaxe que chegan a un circuíto.
Resistencia variable: |
Fai clic nas frechas para mover o cursor Subir: Baixar: |
Cando vaias conectar unha resistencia variable ou axustable, lémbrate que a patilla común é a do medio: