Robot pegatortas temporizado

pegatortasNa sección de electricidade vimos como montar un robot “pegatortas” mediante un circuíto eléctrico moi sinxelo. (Idea sacada de cucabot)

Cada vez que unha antena (conectada a un final de carreira) choca contra un obstáculo cambia o de sentido de xiro do motor oposto facendo xirar o robot. O motor volve xirar no sentido inicial cando a antena deixa de estar en contacto co obstáculo.

O problema dese circuíto é que o tempo de xiro pode non ser suficiente, especialmente se o robot choca de fronte, provocando que o robot quede atrancado un tempo e teñamos que “salvalo”.

Isto podemos solucionalo incorporando unha temporización mediante transistores. Dese xeito, cada vez que a antena choca contra un obstáculo, cambia de sentido do motor oposto e seguirá xirando nese sentido durante o tempo marcado polo temporizador, aínda que o final de carreira da antena estea desactivado.

Esquema electrónico para un motor:

pegatortas teporizado

Proposta 1 :

Deseña e constrúe un robot pegatortas temporizado. Engádelle uns LEDs que indiquen o sentido de xiro de cada motor. Por exemplo, cando o motor xira cara adiante acéndese un LED verde, e cando xira en sentido inverso acéndese un LED vermello. Ademais debe soar un zoador cada vez que unha antena choca contra un obstáculo. Utiliza un simulador para o deseño do circuíto.

robot que non caeProposta2:

Deseña e constrúe un robot que non cae da mesa. Neste caso non lle poñemos antenas. Os motores xiran cara adiante e os finais de carreira están pulsados cando o robot está enriba da mesa. Cando un dos sensores detecta o borde da superficie cambia a posición do conmutador e o motor do lado contrario cambia de sentido de xiro, facendo que o robot cambie a súa dirección durante o tempo marcado polo circuíto temporizador.

(Podes baixar aquí a simulación en crocodile technology)

 


Deixa un comentario