Electrónica

tecnoloxia.org

Problemas


Problema 1

Temos tres depósitos de auga: A de 5000 litros, B de 6000 litros e C de 10000 litros. Queremos que se acenda unha bomba de auga cando quedan baleiros dous deles, ou cando queda baleiro o de 10000 litros. Considerar para os depósitos: 1= baleiro e 0= cheo.


a) Completa a táboa de verdade e comproba o resultado.


b) Indica as funcións lóxicas sen simplificar e simplificada: (non deixes espazos entre os caracteres)




c) Utiliza un simulador para construír o circuíto e comprobar que cumpre as condicións do problema.


 
A B C Saída Solución
0 0 0  
0 0 1  
0 1 0  
0 1 1  
1 0 0  
1 0 1  
1 1 0  
1 1 1  

 

Problema 2

Unha bomba de auga contrólase dende tres interruptores A, B e C, de xeito que funciona cando se acciona o interruptor A, cando se pechan dous dos interruptores á vez, ou os tres simultaneamente. Obter a táboa de verdade e a función deste automatismo.


a) Completa a táboa de verdade e comproba o resultado.


b) Indica as funcións lóxicas sen simplificar e simplificada: (non deixes espazos entre os caracteres)




c) Utiliza un simulador para construír o circuíto e comprobar que cumpre as condicións do problema.


 
A B C Saída Solución
0 0 0  
0 0 1  
0 1 0  
0 1 1  
1 0 0  
1 0 1  
1 1 0  
1 1 1  

 
 

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.