Electrónica

tecnoloxia.org

Combinación de circuítos

Podes combinar varios circuítos entre si. Utiliza os esquemas das prácticas e proba o acoplamento utilizando un simulador. Utiliza unha única pila, ou varias no caso de utilizar relés e circuítos que funcionen con distinta tensión, pero non poñas tantas pilas como circuítos utilizados. Ollo cos curtocircuítos!

Estes son algúns exemplos, pero podes facer moitas máis combinacións:

Porta corrediza

(Circuíto deseñado por alumnado de Baiona)

Quixeron facer unha porta corrediza que se active cando unha persoa colócase diante e corta un haz de luz. Utilizaron un relé para combinar os dous circuítos.

detector de escuridade   inversor con parada   combinación

relé engancheO problema que ven é que en canto se pasa a célula fotoeléctrica invértese o sentido de xiro do motor, pechándose a porta, así que non dá tempo a cruzar.

Posibles solucións: utilizar un temporizador ou un circuíto de relé con encravamento.

Deciden utilizar o relé de enganche ou con encravamento (ver sección de electricidade).

A activación do relé realízase mediante o detector de escuridade, e o desenganche mediante un pulsador colocado doutro lado da porta.

Mentres estea cortado o paso da luz (pasa outra persoa), non se pecha a porta (non se desengancha o relé)

combinación

No prototipo final que construíron engadíronlle un pulsador doutro lado da porta para poder abrila en sentido inverso, e dous pulsadores para pechala, un a cada lado da porta.

O problema que houbo está relacionado coa sensibilidade da célula fotoeléctrica, pois para que funcionara houbo que colocar a LDR e a lámpada moi cerca unha da outra, a unha distancia inferior ó ancho da porta.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.