Electrónica

tecnoloxia.org

Aplicacións dos díodos

Existen moitos tipos de díodos: rectificadores, para conmutación, de alta frecuencia, emisores de luz, estabilizadores, etc. Utilízanse en moitas montaxes, pero nos usarémolos basicamente os díodos rectificadores e os LEDs. Os díodos rectificadores poden ter as seguintes funcións:

Protección:

Por exemplo, conectamos un díodo en paralelo cun relé para impedir o paso de correntes inversas que poden danar os compoñentes dun circuíto.
protección relé

Rectificador de corrente:

cargador_mobilOs rectificadores de corrente serven para transformar a corrente alterna en continua, por exemplo, nos cargadores de móbiles.

transformadorO primeiro que necesitamos é diminuír a voltaxe da corrente. Para iso utilizamos un transformador.

Ao conectar díodos no circuíto conseguimos transformar unha corrente alterna (varía sucesivamente de valores positivos a negativos e viceversa) a unha corrente continua (valores de tensión sempre positivos ou sempre negativos) como podes ver nos seguintes esquemas

Rectificador de media onda:

rectificador de media onda

Rectificador de onda completa con ponte de Gratz:

rectificador de onda completa

Para conseguir unha onda máis constante incorpórase un condensador e un regulador de tensión
adaptador

fuente_de_alimentacion_desarrollada

fuente_de_alimentacion_bloques

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.