Electrónica

tecnoloxia.org

Polarización dos díodos

diodo      símbolo

Polarización directa:

O ánodo conéctase ao polo positivo da pila. O díodo conduce cunha caída de tensión de 0,6 a 0,7V.Compórtase coma un interruptor pechado.
Fai clic para pechar o interruptor. Fai dobre clic para abrilo de novo. Verás como o díodo conduce.
polarización directa

Polarización inversa:

O ánodo conéctase ao polo negativo da pila. O díodo non conduce.Compórtase coma un interruptor aberto.
Fai clic para pechar o interruptor. Fai dobre clic para abrilo de novo. Verás como o díodo non conduce.
polarización inversa

Comprobación mediante o polímetro:

Se non te acordas de como se conecta un díodo, podes utilizar un polímetro para medir a súa resistencia.

  • Se esta en polarización directa a resistencia será pequena
  • Se está en polarización inversa a resistencia será moi elevada.

 

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.