Electrónica

tecnoloxia.org

Órgano electrónico

pianoConstrúe un órgano electrónico facilmente manipulable. Podes utilizar as teclas dun xoguete estragado ou fabricar as túas propias. O órgano debe poder abrirse para acceder ó circuíto. A pila debe colocarse nun lugar accesible para que sexa facilmente intercambiable. Proba o funcionamento do circuíto nunha protoboard antes de montalo no teu proxecto.

Xerador de audiofrecuencias:

Cun 555 en funcionamento astable conseguimos un sinal de saída pulsante.

Se aumentamos a frecuencia o suficiente e conectamos un altofalante, conseguimos sons interesantes.

555 astable

Podemos conectar unha resistencia variable no canto dunha fixa. Ao mover o cursor da resistencia variable conseguimos modificar a frecuencia do sinal de saída, o que se traducirá nun ton máis grave (menor frecuencia) ou máis agudo (maior frecuencia).
xerador audiofrecuencias

Órgano electrónico:

Podemos modificar o circuíto anterior cambiando a resistencia variable por un conxunto de resistencia fixas e pulsadores, construíndo un órgano electrónico. Os tons varían ao premer nos diferentes pulsadores.

Podes substituír as resistencias fixas por resistencias axustables para afinalo mellor (recoñezo que está bastante desafinado)
Tamén podes cambiar o valor do condensador de 47 nF para conseguir outra escala.

órgano

Se queres podes conectar un amplificador á saída do 555 no canto de conectar directamente o altofalante:
amplificador

(Podes descargar aquí estes circuítos feitos con crocodile technology)

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.