Electrónica

tecnoloxia.org

Detector de escuridade

Imos utilizar un transistor para construír un circuíto detector de luz. Necesitaremos unha resistencia que varía coa luz incidente, é dicir, unha LDR Lembra que a medida que aumenta a luz incidente a resistencia da LDR faise menor.
Fai clic nas frechas para cambiar a luz incidente e observa o valor da resistencia LDR:
      máis luz: arriba
      LDR
      menos luz: abaixo

Observa os seguintes circuítos facendo clic en “luz” e en “escuridade”:

circuíto7 escuridade luz

Circuíto 1:

Cando hai luz:
A resistencia da LDR é moi baixa, polo que case toda a intensidade do circuíto circula por ela ata chegar ao polo negativo da pila. A intensidade de base é nula, polo que o transistor está en corte e o LED non se acende.

Cando non hai luz:
A resistencia da LDR é moi elevada, polo que prácticamente toda a intensidade circulará pola base do transistor. A intensidade de colector xerada é suficiente para acender o LED.

circuíto8 luz escuridade

Circuíto 2:

No colector podemos conectar o dispositivo de saída que desexemos.
Se conectas un relé, lembra que debes conectar un díodo en paralelo con el, para evitar que correntes de fuga do relé estraguen o transistor.

circuíto11 luz escuridade

Circuíto 3:

Para axustar o detector de escuridade á luz do ambiente podes utilizar unha resistencia axustable. Movendo o cursor podes seleccionar a que nivel de luz ou de escuridade queres que funcione o circuíto.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookEmail this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.