Detectar obxectos

Programación

O sensor ultrasónico vainos servir para detectar obxectos. Para programalo utilizaremos o bloque seguinte:

Por exemplo, queremos facer unha alarma: Cando un obxecto se pon diante do sensor soará unha nota, e máis alá da distancia indicada non soará. Un exemplo de programa sería este:

 

Prácticas

Aparcacoches

  • Fai que a medida que un obxecto se achegue ao sensor ultrasónico soe un ton máis agudo, como na axuda ao aparcamento que teñen algúns automóbiles.

Moverse pola aula sen chocar

  • Queremos que o mClon faga un percorrido aleatorio pola aula de xeito que se non ten ningún obstáculo diante avance e cada vez que atope un obxecto xire.
  • Completa o programa anterior facendo que o robot, cada vez que atope un obxecto, xire aleatoriamente unhas veces cara á esquerda e outras cara á dereita.
  • Fai que se almacene nunha variable o número de veces que o mClon atopou un obxecto na traxectoria. Cando a variable marque 10 o robot deberá parar e emitir un son. (Opcional: Se tes conectada unha matriz de LEDs fai que se amose nela o valor da variable)

 

Retos

Limpalatas

Nun recinto circular colocamos o mClon e dúas ou tres latas. O robot deberá retirar as latas do recinto no menor tempo posible e sen saír da liña delimitadora.

Liña con obstáculos

Sitúa latas nos tramos rectos dun circuíto de liña negra sobre superficie branca (ou branco sobre negro, como prefiras). O mClon debe seguir a liña e cando atope unha lata debe rodeala sen tocala nin desprazala, volver a atopar a liña de novo e continuar o percorrido. O robot que tire unha lata será descalificado. Se a toca pero non a despraza terá unha penalización dun segundo. O robot que faga o percorrido no menor tempo gaña.

 

Sumo

Sitúanse dous mClons dentro dun recinto circular dun metro de diámetro. Cada mClon debe tentar sacar aos seus opoñentes do campo de xogo e evitar que o saquen a el. Utiliza o sensor ultrasónico para detectar a posición do contrincante e ir a por el. O formato desta proba será por eliminatorias, sendo o gañador o que quede no recinto na final.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *