Eiruga
Podes ver as pezas do sistema de transmisión e as instrucións nesta páxina.
Como programar un todoterreo con eirugas? Veremos un exemplo e proporemos un par de retos.
Se queres facer trompos co mClon segue as instrucións.https://t.co/gxodnhq2uL pic.twitter.com/CyPoO0o5xa
— mClon (@mClonRobot) April 21, 2020
Exemplo
Un programa que se repite cada vez que montamos un robot con sensor ultrasónico é o esquivador, o robot avanza, ao detectar algún obstáculo detense, vira para buscar unha saída e continúa avanzando.
Neste exemplo facemos que desde os 15 aos 10 cm de distancia o mClon avance máis amodo.
Retos
- Buscar o camiño máis fácil: fai que ao detectar un obstáculo xire cara a dereita e a esquerda, que mida as distancias nas dúas direccións e que avance na dirección na que a distancia sexa maior.
- Buscar o camiño virando o pescozo: se montaches o ultrasónico sobre o servo, fai o reto anterior pero o que se move para elixir o mellor camiño será só o sensor. Tal como podes ver no vídeo.
Xa falta pouco para que o modelo todoterreo estea documentado na web. Mentres tanto podedes ver como funciona cos dous modelos de oruga, flexible e PLA. pic.twitter.com/svclPqMJYo
— mClon (@mClonRobot) April 21, 2020