mClon

tecnoloxia.org | A Industriosa

Alimentación

Podes alimentar o mClon de diferentes maneiras. Aquí explicamos como realizar as conexións en cada caso.

Para poder desconectar a alimentación completamente (para cambiar as pilas, substituíla por outra, etc.) cómpre incorporar algún tipo de conector que non sexa permanente. O máis sinxelo é usar unhas clemas pequenas como as da imaxe, pero podes usar calquera outro tipo de conector.

PowerBank

É a opción que recomendamos para traballar nos institutos. Podemos cargar a batería por USB cada vez que se descarga. Dá 5V exactos e conéctase directamente á entrada microUSB da placa. Temos a vantaxe de que a tensión se mantén sempre constante a 5V e que é moi fácil de recargar.

Material:

  • Powerbank
  • Cable microUSB-USB (o máis pequeno posible)
  • Bridas
Pasos a seguir:

Non usaremos interruptor. Para apagar o mClon só desconectaremos o cable do powerBank.

Os motores deben ir conectados ao pin Vin da placa Arduino, que tamén funciona como saída seguindo a voltaxe do microUSB (5V).

Conexión powerbank

[By mClon CC By-SA]

PowerClon

Sacamos a idea desta alimentación do proxecto “Garabullo” de Diego Lale. Consiste nunha batería de litio 18650 con un step-up para subir a voltaxe a 5V e un cargador de baterías de litio.

Material:

Soldadura:

Esquema:

[Adaptación do esquema de Javier Bravo para Garabullo ]

Pasos a seguir:

Primeiro soldamos os compoñentes tal e como aparece no esquema anterior.

Despois regulamos a saída a 5V exactos. Haberá que lle dar moitas voltas ao parafuso do step-up ata que empeces a notar os cambios no polímetro.

Conectamos unhas clemas ou calquera outro conector entre OUT- do cargador e VIN- do Step-up para conectalo co interruptor do chasis. Teremos tamén uns cables de saída que utilizaremos para alimentar a placa e os motores, como se explicará a continuación.

Montaxe no soporte:

Unha vez soldados os compoñentes debemos colocalos no soporte. Aquí tes unhas imaxes do proceso.

1- Primeiro introducimos a pila. 2- Despois, pola parte posterior, suxeitamos o cargador. 3- A continuación suxeitamos o step-up.

4- Suxeitamos as porcas nos buratos, se fai falta con axuda dun soldador para que funda un pouco o plástico. 5 – Finalmente suxeitamos o soporte ao chasis cuns parafusos.

Conexión ao mClon:

Do Vout+ (5V) do powerClon debemos sacar dous cables, un para alimentar a placa a través do pin 5V de arduino e outro para alimentar os motores (VM do Driver). O negativo (Vout-) do powerClon vai conectado a GND.

Fíxate que estamos alimentando a placa a través do pin 5V. É moi importante que a saída do noso powerClon estea regulada a 5V exactos e non máis, pois se te pasas poderás estragar a placa. No caso de que queiras utilizar o teu powerClon a maior tensión, a conexión debes realizala a través do pin Vin, e nunca a través do pin de 5V.

Portapilas + 4 pilas AA 1,5V

É a opción máis sinxela, pero tamén é a opción máis contaminante. Estaremos alimentando con 6V tanto a placa como os motores. Esta voltaxe irá baixando co tempo, a medida que as pilas se van gastando.

En teoría a placa Arduino hai que alimentala como mínimo a 7V, pois por debaixo dese valor a saída de 5V estará por debaixo de 5V. Non é a opción máis recomendable, pero nas probas que fixemos funciona todo correctamente. Iso si, se lle damos moito uso ao mClon haberá que cambiar as pilas con frecuencia, polo que se ben inicialmente resulta unha opción económica a longo prazo non o é.

Material:

  • Portapilas cadrado
  • 4 pilas AA
  • Interruptor
  • Clemas
  • Soporte impreso ou bridas
Pasos a seguir:

Conectaremos o positivo da pila ao interruptor incorporado no chasis, e de alí debemos sacar dous cables, un para alimentar a placa (Ard Vin) e outro para alimentar os motores (VM do Driver). O negativo da pila vai conectado a GND.




     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.