Sensor de luz

Para que o noso mClon teña sensor de luz temos que conectar unha LDR en pull down cunha resistencia de 10kΩ.

Na imaxe 1 podemos ver a resistencia de 10 kΩ conectada a unha das patillas da LDR e o cable laranxa (Ollo! Semella vermello, pero é laranxa) soldado entre a resistencia e a LDR. Na imaxe 2 xa están conectados e soldados todos os cables e só falta illar as patillas da LDR cos macarróns termorretráctiles, neste caso transparente e azul.


[Imaxe1] e [Imaxe2]

Conexión

No exemplo das imaxes utilizamos cable laranxa para o cable conectado ao pin A6 do Robotdyn, o cable negro vai a GND e o vermello a 5 V. No mBlock o sensor conectado ao A6 correspondese co “sensor de luz de a bordo”.

Se queremos dous sensores de luz, o segundo conectarémolo ao pin A1 e en mBlock seleccionaremos “puerto 4”, ou ao pin A3 e en mBlock “puerto 3”. Recomendamos utilizar A1, xa que para utilizar A3 teríamos que desconectar o ultrasónico.

Suxeición do soporte

Para imprimir un soporte so tes que rotalo para que quede plano na cama da impresora, pero se queres imprimir un para cada lado tes que multiplicar o soporte (botón dereito enriba da peza -> multiplicar) e utilizar a ferramenta espello, no menú esquerdo de CURA, tal como podes ver na imaxes 3 e 4.


[Imaxe 3] e [Imaxe 4]

Unha vez impresos introducimos os cables pola parte superior do soporte e o fixamos á parte dianteira cun parafuso e unha porca, isto permitirá que poidamos orientar os LDR cara adiante ou cara arriba (imaxes 5 e 6). Os cables teñen que pasar polo mesmo burato que os dos segue liñas, isto fixo que a última versión do chasis teña eses buratos máis grandes (imaxe 7).

[Imaxe 5]
[Imaxe 6]
[Imaxe 7]
Na páxina “Seguindo a luz” tes información sobre como programalo.