Información

Feliz 2019

Para nós o 2018 foi un ano estupendo. Lanzamos o primeiro prototipo de mClon e recibimos unha moi boa aceptación da comunidade, participamos na OSHWDem, gañamos o segundo premio da convocatoria Educacompostela, temos un grupo de telegram con 80 participantes e unha magnífica asociación na que nos apoiamos: A Industriosa.

Para o 2019 esperamos ver que se constrúen e programan mClons nos centros de ensino, sacaremos unha placa que evite a liada de cables, faremos máis obradoiros, e agardaremos a que a comunidade mcloneira medre e que se mellore o robotiño.

De parte do equipo de mClon: Grazas a todos e a todas!!

Uns chíos deste 2018:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *