Invernadoiro

Reto:

Imos montar un invernadoiro automatizado con arduino. Necesitamos unha placa arduino, uns sensores e uns actuadores e intentar que unha planta sobreviva dentro ata final de curso.

Montaxe:

Placa: Arduino UNO

Sensores:

Actuantes:

  • Módulo Relé1: In1: D9, In2:D10
  • Módulo Relé1: In1: D11, In2:D12
  • Bomba de auga para o rego (Relé1 D9)
  • Ventilador recuperado dun ordenador vello para baixar a temperatura (Relé1 D10)
  • Servomotor para abrir unha ventá no invernadoiro (Relé2 D11)
  • Lámpada para proporcionar iluminación (Relé2 D12)

Visualizador:

  • Pantalla LDC I2C 4×20– Dirección I2C 0x3FSCL: A5, SDA: A4
    Configuración: LiquidCrystal_I2C lcd(0x3F,20,4);

Programa:

Primeiro fai as prácticas de cada un dos compoñentes que vas utilizar (sensores, relé, servo e pantalla LCD). Despois intenta resolver os seguintes retos:

  • Investiga sobre os niveis mínimo e máximo de temperatura, humidade ambiental e auga no solo que debe ter a planta do invernadoiro para que sobreviva.
  • Cando a terra estea seca (por debaixo do valor mínimo do sensor) deberá activarse unha bomba de auga que humedeza a terra ata que se alcance o valor máximo de auga no solo.
  • Deberá activarse un ventilador e abrirse unha ventá cando a humidade relativa do aire ou a temperatura dentro do invernadoiro superen os seus valores máximos.
  • Cando o nivel de luz ambiental baixe do valor mínimo, sendo de día, deberá acenderse unha lámpada de invernadoiro.
  • Deberán visualizarse todos os datos na pantalla LCD

Propostas de mellora:

Se conseguimos máis compoñentes poderemos engadir estas melloras.

  • Cando a temperatura interior baixe do valor mínimo deberá acenderse unha placa calefactora.
  • Se a humidade baixa do 20% activar un pulverizador de auga.
  • Almacenar a información dos sensores cada hora nunha tarxeta SD externa.

Exemplo:

Proxecto de Daniel, Xandre, Diego e Pedro no curso 2020-2021.