Control e robótica

tecnoloxia.org

Luz gradual

pwm_led2

[tecnoloxia.org CC By-SA]

Descrición:

Imos facer que un LED conectado no pin 9 (pin PWM) se acenda cunha determinada intensidade utilizando a funcion analogWrite(). Tamén veremos como visualizar datos na consola serie.

Montaxe:

Necesitamos un LED conectado no pin 9 e dous pulsadores conectados nos pins 2 e 3.

Programas:

1. Distinta intensidade

1. Distinta intensidade: Imos facer que cando premamos un pulsador o LED se acenda cunha intensidade baixa (50), cando prememos noutro pulsador, a intensidade será máxima (255), e cando non pulsamos ningún o LED estará apagado (0).

Para iso xa non utilizamos a función digitalWrite(led,LOW ou HIGH), senón a función analogWrite(led, valor de 0 a 255);

Ademais mostraremos eses valores a través da consola serie.

2. Luz gradual

2. Luz gradual: Imos facer que a luminosidade dun LED vaia aumentando progresivamente enviando un valor de 0 a 255 a través da variable brillo mediante a función analogWrite(led, brillo);

Cando a variable brillo chega ao valor de 255, poñemos o brillo a 0, apagamos o LED, agardamos uns segundos e volta e empezar.

3. Aumenta e diminúe

3. Aumenta e diminúe unha e outra vez. Agora facemos que a variación cambie de signo cada vez que a variable brillo chegue a 255 ou a 0, conseguindo que primeiro aumente progresivamente a luminosidade do LED e despois vaia esvaecendo, repetíndose indefinidamente o proceso.

Propostas:

  1. Outros valores PWM: Modifica os valores do programa “1. Distinta intensidade” e observa o resultado
  2. Consola serie: Engade aos programas 2 e 3 o necesario para visualizar o valor da variable brillo no monitor serie, e observa o resultado.
  3. Lume: Imos simular cun LED o efecto do lume. Xera un brillo aleatorio e un tempo de espera aleatorio para cada escintileo do LED. Podes utilizar a función random. Por exemplo:
  4. Botóns de intensidade: Propoñemos controlar a intensidade da luz do led con dous pulsadores, de xeito que cando prememos nun deles facemos que a intensidade da luz aumente (por exemplo 5 puntos) e cando prememos noutro facemos que a intensidade diminúa. Lembra que o límite inferior é 0 e o superior é 255.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.