Control e robótica

tecnoloxia.org

LEDs intermitentes

led-lamp-red

[tecnoloxia.org CC By-SA]

Descrición:

Imos facer que un LED conectado no pin 13 luza durante un tempo determinado e se apague durante outro tempo de maneira cíclica.

Material:

  • Arduino UNO e placa de prototipos
  • 3 LEDs: vermello, amarelo, verde
  • Resistencias: 220Ω (Podes probar con 390Ω, 470Ω, 560Ω, 1kΩ)

Montaxe:

Debemos conectar entre o pin 13 e a masa (GND) un LED e unha resistencia. Podes utilizar calquera das indicadas, obtendo diferentes valores de luminosidade. Nos vindeiros programas utilizarei por defecto resistencias de 220Ω para protexer os LEDs.

Lembra que a pata máis longa do LED debe ir conectada ao positivo (pin 13)

led_intermitente_bb

Programa:

Intermitencia

Propostas:

  1. Cambiando a frecuencia: Modifica os intervalos de espera para obter outras frecuencias de intermitencia. a) Acendido e apagado da mesma duración b) Acendido longo e apagado curto c) Acendido curto e apagado longo
  2. Variable tempo: Crea unha variable no inicio do programa co valor do tempo de acendido e outra co valor do tempo de apagado e fai que o programa se comporte en función de ditos valores.
  3. Latexos: Simula cun LED os latexos do corazón.
  4. Ambulancia: Conecta dous LEDs, cada un nun pin dixital diferente coa súa resistencia de protección. Modifica o programa de xeito que se acendan e apaguen de forma alternada simulando as luces dunha ambulancia.
  5. Semáforo: Conecta tres LEDs, un vermello, outro amarelo e outro verde cada un nun pin dixital diferente coa súa resistencia de protección. Modifica o programa para que primeiro se acenda o vermello durante un tempo, despois o amarelo, e finalmente o verde, repetíndose isto de maneira cíclica.

 

Tweet about this on TwitterShare on FacebookShare on Google+Email this to someone


     

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.